A Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero recala na Pobra

13 Maio 2025

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitou este martes 13 de maio a vila da Pobra do Caramiñal, onde salientou a importancia da Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero (MAVI) como “ferramenta para loitar contra a violencia de xénero a través da lectura”.

Fíxoo durante un acto na Biblioteca Pública Municipal Victoriano García Martí, acompañada pola xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da subdelegación, Manuela Vilaboy; polo alcalde do municipio, José Carlos Suárez, pola concelleira de Igualdade, Estefanía Ramos, e por parte do Goberno municipal.

Rivas lembrou que a Maleta Viaxeira comezou a súa viaxe no ano 2022 en Vimianzo e dende aquela, ten recorrido 20 concellos, entidades sociais así como o Centro de Inserción Social da Coruña. As próximas paradas previstas da MAVI na provincia son Valdoviño e a Asociación contra a Violencia de Xénero ALVIXE, de Ferrol.

Pola súa parte, o rexedor agradeceu a chegada da iniciativa ao municipio, asegurando que se trata “dun paso máis no noso compromiso coa igualdade. Esta maleta ofrécenos recursos valiosos para continuar sensibilizando á veciñanza de diferentes idades”.

A concelleira de Igualdade, Estefanía Ramos, puxo en valor a importancia de “visibilizar as obras das nosas escritores e reflexionar sobre os dereitos das mulleres, polo que desde a área de Igualdade traballaremos para que este material chegue ao maior número posible de persoas” e asegurou que “a nosa intención é traballar con este material desde as idades máis temperás ata a poboación adulta”.

Escolma de textos que convidan á reflexión

A través da lectura, este proxecto recompila textos que promoven a reflexión, a sensibilización e a concienciación sobre temas clave para conseguir “unha sociedade máis igualitaria e libre de violencias sobre as mulleres, favorecendo o pensamento crítico diante os estereotipos e roles de xénero que perpetúan estas violencias e desigualdades”.

O programa comezou sendo unha única maleta e na actualidade a Subdelegación do Goberno conta con 5 maletas con distintos contidos. “Cada maleta permanece no destino 3 meses durante os que cada concello ou entidade programa actividades de diferente tipo” explicou a subdelegada, apuntando que hai actividades en colaboración coas escolas infantís e centros educativos; obradoiros e clubs de lectura, traballos manuais en torno ao contido dos libros, charlas e incluso ciclos de cinema, para “achegar as reflexións sobre o feminismo e os roles de xénero a toda a poboación”.

A MAVI na Pobra do Caramiñal

A Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero que permanecerá en Pobra do Caramiñal os próximos 3 meses conta con 5 libros para público infantil – xuvenil con títulos como Son unha nena rebelde. Un diario para iniciar revolucións, As princesas tamén botan peidos, Só son miña, Kike e as Barbies ou A diadema de Jan. No caso de libros para persoas adultas, son 9 títulos entre os que se poden atopar Ética para Celia, Desarmar a Masculinidade, Terra de Mulleres. Unha mirada íntima e familiar ao mundo rural ou Nada que perder.

Ademais, co obxectivo de dar visibilidade a referentes femininos en todos os ámbitos, dende 2024 MAVI incorpora a colaboración da ilustradora Rosa Cabanas a través do seu proxecto Mulleres Valentes, imaxes debuxadas que en forma de adhesivos adobían as 5 maletas e un catálogo de imaxes en cada maleta coas súas historias.

Por último, esta maleta incorpora un diario de MAVI para recoller as impresións das persoas participantes, debuxos, suxestións e todo tipo de comentarios que permitan seguir mellorando este proxecto.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.