A Deputación aproba o POS+Social 2025, que destina 7 millóns a reforzar os servizos sociais nos concellos (máis de 880.400 para O Barbanza)

05 Maio 2025
Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña

O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade de todos os grupos políticos unha nova achega do POS+Social, a liña específica do Plan Único destinada a fortalecer os servizos sociais municipais. Este ano, o programa contará cun orzamento de 6.992.300 euros, que serán repartidos entre os 93 concellos da provincia para atender necesidades prioritarias no ámbito do benestar social. No caso dos concellos do Barbanza, o total concedido é de 880.418,11 euros.

Segundo explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, “o POS+Social constitúe un apoio fundamental para que os concellos poidan desenvolver políticas sociais que melloran a calidade de vida de milleiros de persoas, especialmente maiores, persoas dependentes, con diversidade funcional ou menores de familias en situación de vulnerabilidade”.

A través deste fondo, os concellos poderán financiar programas e servizos como o reforzo e ampliación do servizo de axuda no fogar, o servizo de xantar na casa, actividades de acompañamento e socialización, programas de conciliación familiar e laboral, servizos de fisioterapia e terapia ocupacional, ou axudas directas a persoas e familias en risco de exclusión. Tamén se permite a contratación ou reforzo de persoal técnico e administrativo dos servizos sociais municipais ou dos servizos de axuda no fogar municipais, así como investimentos en infraestruturas ou equipamentos que melloren a atención á cidadanía.

O orzamento distribúese entre as comarcas de A Coruña (1,59 millóns), Santiago (2,01 millóns), Bergantiños-Costa da Morte (1,21 millóns), Ferrolterra, Eume e Ortegal (1,29 millóns) e Barbanza (880.400 euros). A maior parte dos fondos destínanse a gasto corrente, aínda que tamén se contemplan achegas para investimentos específicos.

A comarca de Santiago lidera o volume de fondos, seguida polas comarcas da Coruña, Ferrol, Bergantiños-Costa da Morte e Barbanza. A distribución baséase nos “mesmos criterios obxectivos do POS, tendo en conta aspectos como como a poboación, a superficie ou a dispersión territorial”, explicou a institución provincial, engadindo que “o POS+Social é un exemplo máis do modelo de cooperación municipal que promove a Deputación da Coruña, no que a administración provincial actúa como garante da igualdade territorial e de acceso aos dereitos sociais, prestando especial atención aos concellos pequenos e rurais, que adoitan ter máis dificultades para manter servizos sociais estables por falta de recursos propios”.

Os fondos no Barbanza por concellos

Boiro

111.318,46

Carnota

51.398,67

Lousame

57.303,22

Mazaricos

94.905,60

Muros

70.164,19

Noia

75.785,46

Outes

73.588,48

A Pobra do Caramiñal

56.932,98

Porto do Son

82.649,33

Rianxo

72.359,35

Ribeira

134.012,37

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...