A Casa da Cultura de Lousame acolle ata o 30 de xuño a mostra ‘Inmanencia’, con trece óleos do pintor coruñés Víctor Lens

14 Maio 2025

A Casa da Cultura do Concello de Lousame acolle ata o vindeiro 30 de xuño a exposición pictórica Inmanencia, que recolle un total de trece óleos do artista Víctor Lens. Unha inauguración na que o artista coruñés, con vivenda en Lousame, estivo acompañado por unha vintena de persoas, entre as que se atopaban a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo; e os concelleiros de Economía, Esteban Ares; Obras, Ramón Martínez; e Deportes, Mariel Agrafojo.

“A obra de Víctor non deixa indiferente a ninguén: a cor, o trazo, a expresión e as formas comparten o equilibrio nos seus lenzos”, apuntou Silvia Agrafojo, quen destacou a forte vinculación do artista con Lousame, onde xa ten exposto en varias ocasións, a última o pasado ano 2024 coa mostra Retrospectiva, na que recollía a súa traxectoria pictórica dende o ano 1973.

No caso de Inmanencia, Víctor Lens explica que “o primeiro que vai ver a xente cando chegue a esta sala de exposicións é unha explosión da cor, unha das cousas fundamentais desta mostra. Iso sería dentro do plano da expresión, porque no plano do contido son cadros moi críticos coa sociedade actual que estamos vivindo”.

Neste sentido, Lens explica que a súa crítica vai dirixida especialmente “a todos os medios e tecnoloxías que lle están comendo un pouco o espazo aos seres humanos. Un exemplo é o teléfono móbil, do que a xente vive totalmente pendente. Unha nova sociedade que vén patrocinada polos grandes poderes, que nos fan depender dunha tecnoloxía que sería moi boa se non existiran eses intereses económicos que fan que a xente dependa directamente dunha serie de aparellos que lle causan moito estrés”. De feito, advirte de que “a tecnoloxía nos está comendo terreo e termina sendo a máquina quen está dominando ao ser humano”.

De feito, a palabra Inmanencia que dá título a esta exposición fai referencia á ligazón entre pensamento e vida. Unha mostra acompañada dun pequeno catálogo con textos referidos a cada unha das obras expostas, tanto disertacións do autor como fragmentos de poesías.

Este artista coruñés que inaugurou a súa primeira exposición no ano 1973 na sala A Terraza de A Coruña, foi obxecto de numerosas mostras ó longo destas cinco décadas na Caixa Municipal de Vigo (1976), o Concello de A Coruña (1977), a Caixa de Aforros de Galicia (1978), a Sala de Durán Loriga de A Coruña (1989), a Sala da Fundación Araguaney de Santiago (1991), o Concello de A Coruña (1994), os Concellos de Porto do Son e Lousame (1996), o Liceo de Noia (1999), a Sala Rey Lago de Culleredo (2001), Lousame (2004), a Casa Charry de Oleiros (2004), a Casa da Cultura de Noia (2005), o Liceo de Betanzos (2008), o Colexio Xesuítas de A Coruña (2011), Lousame (2011), a Sala da Fábrica de Oleiros (2016), a Sala do Pintor Lloréns da Casa da Cultura de Sada (2017), o Xardín Botánico de Culleredo (2018) e a Casa da Cultura Villa Concepción de Cambre (2022).

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.