A Asociación Francisco Lorenzo Mariño celebrará as Letras con xogos, obradoiros, un sorteo de libros, circo e música de cantareiras e pandeireteiras

09 Maio 2025

A Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño compartiu a súa axenda para celebrar o Día das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio, adicado como lembraremos ás cantareiras e á nosa tradición musical e oral.

Os detalles do programa, organizado pola Asociación, foron dados a coñecer este xoves 8 de maio no Conservatorio de Aguiño. Participaron Rosa e Pili Millet, Carmen e Teruca Sampedro, Elvira Pisos (presidenta), Josefa Suárez, Unai González, José Luis Paz e Moncha Sampedro. As actividades previstas terán lugar no Conservatorio de Aguiño. Para organizar os actos, a asociación contou coa colaboración das áreas de Cultura do Concello de Ribeira e da Deputación da Coruña, así como de varias empresas como CONGRESA, Farmacia Aguiño, Digar de artes, Fabri Barbanza, Combustibles Puebla ou Fripusa.

Programa de actividades

16:30 Inchábeis, xogos, animación, música e refrescos/auga.

17:00 Xornada debuxo alusivo ás cantareiras e Letras Galegas con agasallo para todos os participantes e exposición dos debuxos realizados. Sorteo de lotes de libros en galego, de literatura infantil e xuvenil, entre todos os participantes na xornada de debuxo.

19:00 h Actuación das cantareiras e pandeireteiras de Bailadela.

19:30 h Espectáculo de circo e malabares de Kote Malabar.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.