A Asociación de Empresarios de Ribeira sorteou os agasallos da Campaña do Día da Nai 2025, que acadou unha participación récord de 3.737 tíckets

06 Maio 2025

A Asociación de Empresarios de Ribeira celebrou este martes 6 de maio o sorteo da campaña do Día da Nai, que, como lembraremos, veu estea ano cun destacado premio de 1.000 euros para gastar nun día, ao que se sumou unha cea e dúas cestas de compra valorada en 50€. Con estes galardóns a patronal de Ribeira quixo recompensar e pór en valor a aposta polo comercio local da veciñanza. A asociación fixo saber que nesta edición 2025 acadouse unha participación récord, con 3.737 tíckets rexistrados, fronte aos 2.646 do ano pasado, o que supón un aumento moi destacado na implicación da veciñanza co comercio de proximidade. “Estes datos reflicten o éxito da campaña e o apoio ao comercio local”, sinalaron dende a patronal.

As persoas gañadoras foron:

– 1000€ Yolanda Paz por comprar en Marfil.

– Unha cea Mercedes Fungueiriño por comprar en Xade Complementos.

– Unha cesta da compra José Ramón Santamaría por comprar en Decorlux.

– Unha cesta da compra Antonio Sampedro pro comprar en O Capricho.

Dende a Asociación de Empresarios de Ribeira a directiva agradeceu a implicación de todas as persoas participantes pola súa confianza, así como aos comercios locais pola súa colaboración e compromiso “cunha iniciativa que busca dinamizar o consumo nas datas máis especiais”.

Esta actividade estivo co-financiada pola Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.