A “Andaina das Letras” homenaxea a Diego Zernadas de Castro en Lousame

11 Maio 2025

A pesar das adversas condicións meteorolóxicas deste fin de semana, preto de cincuenta persoas participaron esta mañá na primeira edición da “Andaina das Letras” en Fruíme, Lousame. O evento, organizado polo Concello e a asociación de veciños Zernadas de Castro de Fruíme, busca homenaxear e poñer en valor a vida e obra de Diego Antonio Zernadas de Castro, coñecido como o cura de Fruíme. Ambas entidades levan tempo promovendo que se lle dedique un Día das Letras Galegas.

A marcha saíu puntualmente do adro da Igrexa de Fruíme, liderada por Germán Romero, técnico de Deportes, a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, e Hermitas Lorenzo e María Regenjo, representantes da AAVV Zernadas de Castro de Fruíme. O percorrido, de menos de cinco quilómetros e dificultade baixa, favoreceu a participación de persoas de todas as idades, desde nenos ata maiores.

Para enriquecer a experiencia, cada 500 metros situáronse láminas informativas sobre a vida e obra de Zernadas de Castro (1702-1777), considerado un precursor do galeguismo. O cura de Fruíme foi un apaixonado defensor da súa terra e da súa cultura, aspectos que quedaron reflectidos na exposición ao longo do itinerario.

A iniciativa foi recibida con entusiasmo polos participantes e reforza o compromiso do Concello e da asociación veciñal por reivindicar a figura de Zernadas de Castro dentro da cultura galega. Desde a organización esperan que este evento axude a impulsar a proposta de dedicar un Día das Letras Galegas á súa memoria.

Outros artigos

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.