Xisco Feijoo e unha decena de agrupacións da nosa comarca actuarán na III Foliada dos Maios de Chorimas (Queiruga)

28 Abril 2025

A Asociación Folclórica Chorimas de Queiruga (Porto do Son) vainos ofrecer esta fin de semana unha cita coa nosa música e baile tradicional, con motivo de celebrar a chegada (agora si) definitiva da primavera. Trátase da terceira Foliada dos Maios de Chorimas, que está programada para este sábado 3 de maio na Casa da Cultura de Queiruga, organizada dita pola asociación cultural en colaboración co Concello e a Deputación.

A festa comezará polo serán, ás 20.00 horas, cunha Gran Foliada na que actuarán varias agrupacións da comarca do Barbanza: A.C. San Pedro de Carcacía, Rumbia, Ebora, Garridinas, B.M.T. Suevia, As Sivalveiras, Sonelas, A.C. Bailadela, Alixeiras e Rexoubeiriñas.

A Foliada dos Maios rematará ás 22.00 horas cunha gran actuación especial a cargo do vigués Xisco Feijoo, cantante, premiado bailador, coreógrafo, presentador de televisión, mestre da ETRAD e coordinador da sección de canto da OFG SonDeSeu. Ten traballado con artistas de renome internacional como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Kepa Junquera, Berrogüetto e Rodrigo Romaní, entre outros. En 2021 publicou un traballo discográfico, Peixe, que foi un éxito de público e crítica.

​

Outros artigos

O servizo de Gardacostas de Galicia retira do mar 371 nasas ilegais

O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, retirou 371 nasas fondeadas de xeito irregular na última semana de controis e inspeccións desenvolvidos por terra e mar na costa galega. Ademais destas artes para crustáceos e cefalópodos, o...

+

A Deputación e a AECC crean unha Rede de Concellos Contra o Cancro

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o presidente da Xunta Provincial da Asociación Española Contra o Cancro, Javier Álvarez Barbeito, asinaron un convenio de colaboración para impulsar a Rede de Concellos Contra o Cancro da provincia da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.