Xa podemos inscribinos na quinta edición da Camiñada Nocturna do Concello de Dodro

24 Abril 2025

O Concello de Dodro informou de que xa está aberta a inscrición para a 5ª Camiñada Nocturna de Dodro, que será o venres 30 de maio e que está organizada polo colectivo Remonte e o Concello de Dodro, coa colaboración da Deputación da Coruña. Este ano a saída será dende as 22.30 horas dende o Polideportivo Municipal de Dodro. A entrega dos dorsais levarase a cabo entre as 21.00 e as 22.00 horas.

O percorrido, circular de 12 quilómetros, é de baixa dificultade e transcorrerá polas 3 aldeas da parroquia de Dodro. Haberá servizo de vestiarios e duchas. Ao finalizar a proba as persoas participantes recibirán un diploma e haberá chocolate quente con rosquillas de Lestrobe.

Para formalizar a inscrición (prezo 5€) o prazo ficará aberto até as 20.00 horas do 27 de maio ou ata completar as 150 prazas dispostas pola organización. A Concellaría de Deportes de Dodro achegará 50 prazas de balde para as/os veciños de Dodro e asignaranse por orde de inscrición. Para participar, a organización lembra que cómpre ter unha mínima preparación física e traer unha lanterna ou frontal, unha mochiliña con apósitos adhesivos e cantimplora (non se dará vaso no avituallamento). Xa está dispoñíbel na Rede a ligazón para formalizarmos a inscrición.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

“Días de inverno ou de abril”. Luís Celeiro

Era un día de choiva, como moitos outros deste ano e de anos anteriores, chovía sen parar tampouco paraba a chuvia no chan. Era un día como moitos, chovía a destempo aquí e alí, aun par de quilómetros, o sol quentaba as canelas e o carrelo da xente que pasaba. Era...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.