Veciñanza de Conxo e activistas ecoloxistas enfróntanse ás escavadoras para protexer o bosque do Banquete

30 Abril 2025

Veciños e veciñas de Conxo xunto con activistas de Ecoloxistas en Acción concentráronse na zona deforestada do bosque do Banquete, na beira do río Sar, para frear a actuación das escavadoras nunha zona declarada patrimonio mundial pola UNESCO, actuación destinada a ampliar o carril bici que cruza a contorna sur de Santiago. Denunciaron que a pesar de que a Fiscalía Europea Anticorrupción abriu causa penal contra o Goberno galego por estas obras, “a Xunta ordenou continuar coa deforestación do bosque de ribeira do río Sar no bosque do Banquete de Conxo”.

Ecoloxistas en Acción, entidade que presentou as denuncias, e a Asociación veciñal Conxo Aberto, esperan que ante estes feitos, os instrutores do proceso penal decreten a paralización cautelar das obras, tal como solicitaron nas denuncias, para evitar, así, “danos irreparábeis ao ecosistema do río Sar”.

O ano pasado Ecoloxistas en Acción denunciou  ao Goberno galego pola talla de árbores, movementos de terras e a apertura, non autorizada, dun vieiro dentro da área de Protección de Patrimonio da Humanidade do Convento de Conxo.

Esta denuncia motivou que tanto o xulgado nº2 de Santiago de Compostela como a Fiscalía anticorrupción europea abriron a finais do ano pasado dilixencias penais pola actuación da Xunta de Galicia nas obras do denominado Eixo de Mobilidade Sostíbel, no treito entre Milladoiro e Compostela, a seu paso por Conxo. Os denunciantes sinalan que “malia o proceso xudicial a Xunta a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia ordenou retomar as obras”. Así, a semana pasada operarios e escavadoras comezaron a desbastar o bosque de ribeira, nas beiras do río Sar, no Banquete de Conxo.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.