Unha saída de vía na AG-11, en Rianxo, provoca o desprendemento dun bordo que causa danos en varios vehículos

18 Abril 2025

Sobre as 20.00 deste xoves 17 de abril os bombeiros do S.P.E.I.S de Boiro, acudiron a AG – 11, no concello de Rianxo. Tras realizar unha inspección observaron que un accidente de trafico, saída de vía pola marxe dereita, provocou a entrada á estrada de restos dun bordo que provocou danos de diversa consideración en outros vehículos que circulaban pola mesma.

Fotos do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Habendo unha separación de 1,5 km entre o primeiro vehículo accidentado e o ultimo. Ao lugar do sinistro acudiron a G.C. de Trafico, e o 061 que non trasladou a ningún ferido ao Hospital.

Os bombeiros procederon a limpar os restos de vehículos, bordo e unha mancha de aceite procedente da rotura do motor do vehículo mais afastado da saída de vía onde se produciu a rotura do bordo.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.