“Un novo perigo ameaza o mundo” – José Luis Calo

01 Abril 2025

Un novo perigo ameaza o mundo, o totalitarismo que están a impoñer algunhas elites. A Unión Europea nestes momentos atópase “desnortada”, dirixida por uns “burócratas”, onde se move unha cantidade inxente de diñeiro sen un proxecto claro. O 4 de marzo de 2025, a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, anunciou un plan de defensa de 800.000 millóns de euros, chamado “ReArm Europe”. Con esta medida, “Rearmar Europa”, expón romper regras tradicionais da Unión, como conxelar as regras de déficit fiscal para autorizar o endebedamento se é para gasto militar. O obxectivo é “a adquisición de sistemas de defensa aérea e antimísiles, os sistemas de artillería, mísiles e munición, drons e sistemas antidrons. Todo isto coa escusa do “medo”, o cal a día de hoxe é a escusa perfecta para ter á cidadanía de calquera país controlada e tomar medidas, que noutro momento serían impensables. Este partido non o xoga a UE, xogan Donald Trump, Vladimir Putin e as elites armamentistas, que son especialmente preocupantes para as garantías de seguridade e un perigo para a saúde mundial.

Estados Unidos e Rusia son as dúas principais potencias nucleares do noso planeta, estamos a falar dun arsenal de máis de 10.000 oxivas. Supoñendo que unha soa pode destruír unha cidade enteira, coa posibilidade de causar a morte de millóns de persoas, quedo coa frase de Alphonse de Lamartine: “A guerra non é máis que un asasinato en masa, e o asasinato non é progreso”.

En todo este xogo temos ás elites armamentistas, que se fixeron fortes para impoñer políticas por enriba dos gobernos e a poboación, sen estar sometidas a ningún tipo de control. Están formadas por moi poucas persoas con capacidade de acumular poder e capital a nivel global. Ante os últimos acontecementos marcados por Donald Trump, Europa, mellor dito as elites, empéñanse nun endurecemento da postura europea e esta prepárase para rearmarse, investindo considerables sumas de diñeiro, que vai implicar un gran aumento do gasto público, xerando máis endebedamento, inflación, impostos máis altos e menos gasto social. Vese que ao “Sr. Sánchez” toda esta información esqueceulle detallala na súa comparecencia no Congreso dos Deputados, onde non convenceu nin aos seus socios nin á oposición. Ante esta situación, chegou o momento de crear as bases dunha Unión Europea onde os cidadáns sentan realmente europeos e crear unha verdadeira federación política de Estado. Onde deixemos atrás esas dúas Europas, a das elites e a Europa dos cidadáns de segunda.

José Luis Calo é coordinador de UCIN Galicia.

Outros artigos

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.