The Escarabots obteñen o terceiro posto na modalidade infantil de Quero Cantar, da Deputación da Coruña

06 Abril 2025

Finalmente a Deputación da Coruña desvelou este domingo, no Teatro Colón da Coruña, o palmarés da nova edición de Quero Cantar, encabezado polos novos talentos Gael Ares e Emma & Candela, gañadoras, respectivamente, nas categorías infantil e xuvenil da oitava convocatoria do concurso de música infantil e xuvenil Quero Cantar. A banda boirense The Escarabots (procedente de Escarabote) obtivo un máis que meritorio terceiro posto na súa categoría. Por certo que o xurado estivo integrado por nenos e nenas e por mozos e mozas con formación musical e do mesmo abano de idade que as bandas e solistas seleccionadas para a final.

Categoría infantil

· 1º clasificado – Proposta gañadora na categoría infantil: Gael Ares, coa peza Bule Bule.

Gael Ares, de Fene, ten 11 anos e dende cativo os seus xoguetes preferidos foron os instrumentos musicais. Ten especial devoción pola música tradicional galega, coa que na actualidade experimenta fusionándoa coa música electrónica, como é o caso de Bule-bule, a peza que presenta a concurso. O seu artista preferido era Davide Salvado, a quen coñeceu nun obradoiro con só catro anos. Davide permitiulle acompañalo no escenario en varias ocasións. Con 8 anos comeza a estudar música no Conservatorio de Ferrol, contando finalizar neste curso o grao elemental de contrabaixo. Tamén toca toda a percusión tradicional, ademais da gaita, desde os 5 anos, asistindo a clase con Dani Bellón.

· 2º clasificado: Libres, coa peza Libre

· 3º clasificado: The Escarabots, coa peza Agora sei nadar

Categoría xuvenil

· 1º clasificado – Proposta gañadora na categoría xuvenil: Emma e Candela, coa peza Preto de ti

Emma & Candela, Emma Pérez e Candela Caamaño, alumnas da Escola Municipal de Música de Ames, compuxeron a súa propia canción dentro das clases colectivas de Escribe as túas propias cancións. Desde o primeiro momento, amosaron unha gran paixón pola música e unha motivación excepcional para crear algo propio. Ao longo do proceso, exploraron ideas, experimentaron con letras e melodías, e conseguiron plasmar as súas emocións nunha canción orixinal. A súa creatividade e implicación foron fundamentais para dar forma a unha peza que reflicte a súa visión artística e evolución musical. Este proxecto permitiulles non só expresarse a través da composición, senón tamén reforzar a súa confianza e ilusión pola música. Esta peza, Preto de ti, reflicte a súa visión artística e evolución musical.

· 2º clasificado: Interestelares, coa peza Vai calor

· 3º clasificado: Wildfire, coa peza Ladroas

The Escarabots colle nome do CEIP de Escarabote (Boiro), onde estudan Nerea, Daniela, Xiana, Adriana, Iago, Ernesto, Aitana e Sarela, o alumnado integrante do grupo. Canda eles, o mestre de música do centro, Diego Bello Magán, compositor desta peza, Agora sei nadar, que fala da superación do caso escolar. O tema fala da superación do acoso escolar por parte dun neno/a da idade do alumnado. Pretende unha mensaxe positiva, superando as dificultades desde o amor propio. A composición está realizada para voces escolares, baixo eléctrico, piano, guitarra, batería e violíns, instrumentos que abrangue o alumnado integrante do grupo. Os compoñentes do grupo son: Nerea Lorenzo Romero, Daniela Fernández Lapido, Xiana González Otero e Adriana Ferreiro Bermúdez (voces), Iago Romero Guitián (teclado e voz), Ernesto Pedroso Cotos (baixo eléctrico), Aitana Castelo Vilasoa e Sarela Romero Guitián (violíns), e Diego Bello Magán (teclado e saxofón). Respecto ao mestre do alumnado, Diego Bello Magán é un músico e compositor de longa traxectoria. Natural de Padrón, comeza os seus estudos musicais con tan só 5 anos de idade co ilustre músico vasco Tomás Beteta Yarza. Aos 10 anos xa exercía de saxofón solista na Banda de Música de Padrón e compaxinaba os estudos musicais entre a Escola Municipal e o Conservatorio Superior de Música de Santiago de Compostela. Na actualidade imparte docencia no CEIP de Escarabote (Boiro) compaxinando o labor compositivo, a impartición de formación (CAFI), charlas e coloquios así como a actividade da Asociación Madixiga, da que é membro fundador e nas que vén de publicar varios libros didácticos enfocados á ensinanza da Música e Danza nos centros educativos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...