Teatro Airiños estrea en Rianxo, esta “finde” a súa nova produción: “A vida de Brais”

03 Abril 2025

Belén, 25 de decembro, ano 1 da nosa era. Xesús nace nun cortello e, no do lado, vén ao mundo Brais. Así comeza a nova montaxe de Teatro Airiños, A vida de Brais, unha adaptación do filme xa clásico A vida de Brian, do grupo inglés Monty Python. A estrea será no Auditorio de Rianxo cun pase en dúas quendas: sábado 5 ás 20:30 e domingo 6 ás 19:00.

En palabras de Airiños, estamos ante unha comedia “de proporcións case bíblicas”, con moito humor, cancións en directo e un amplo elenco nunha exhibición de personaxes e situacións hilarantes. Unha proposta “digna de calquera teatro romano (ou galego)” dirixida por Amantia Coello e levada a cabo grazas á colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Rianxo.

Airiños comeza agora a xirar esta adaptación do fime do grupo inglés Monty Python, referentes do humor absurdo. Mais continúa representando a súa montaxe anterior As vellas non deben de namorarse. Esta peculiar versión do clásico de Castelao poderase ver no concello de Neda o vindeiro 26 de abril, e en Cerdedo-Cotobade o 11 de maio.

Outros artigos

Choivas e vento marcarán o luns 19 nas Rías Baixas e en Santiago

O luns 19, San Mario, entrará unha fronte fría polo noroeste que se irá desprazando cara ao leste ao longo da xornada. Esta situación deixará ceos nubrados e precipitacións, que serán máis frecuentes e intensas no terzo norte, onde poderán presentarse en forma de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.