Ruiz Rivas denuncia “o abandono do sector pesqueiro por parte do Goberno”

03 Abril 2025

O senador pola Coruña Manuel Ruiz Rivas (PP), ex alcalde de Ribeira, criticou o “total abandono” do sector pesqueiro por parte do Goberno central e o PSOE”, un abandono que cualificou de “ferinte”. Isto veu a conto pola non admisión dunha emenda que esixe o desenvolvemento do RD 1044/2022 (con “criterios transparentes, equitativos e axudas ao financiamento do cambio de motores”), emenda que non prosperou polo rexeitamento do PSOE, lembrou.

O senador tamén solicitou a modificación do RD para “flexibilizar o aproveitamento da potencia proveniente da paralización definitiva e permita utilizala en buques que operen no mesmo caladoiro”. O voceiro de Pesca do PP criticou duramente as palabras do portavoz do PSOE, que, segundo lembrou Ruiz Rivas, xustificou “a súa negativa en que a proposta de mellora do PP inclúe, ademais dos cambios de motor, a adecuación da potencia dos motores xa instalados e que non se axusta aos destinos establecidos no Real Decreto”. A este respecto, o ex alcalde de Ribeira asegurou que “o desleixo do Goberno con respecto ao sector pesqueiro queda máis que demostrado con esta actitude. Din que traballan moito pero o seu traballo é inútil e infrutuoso”.

O senador do PP pola Coruña engadiu que “falamos dun RD de 2022, que o Goberno segue sen desenvolver e, por conseguinte, sen aplicar medidas concretas que permitan a renovación dos motores. É tempo perdido para o sector, e un incumprimento das indicacións da Unión Europea e da Política Pesqueira Común”, sinalou, apuntando que “Europa pretende impulsar a modernización da frota pesqueira nun proceso de transición enerxética que se precipitou co incremento dos custos enerxéticos de 2022”. Seguindo este fío, informou que “a renovación dos motores nos buques pesqueiros é unha necesidade urxente tanto para garantir a competitividade, sustentabilidade e rendibilidade do sector, como para avanzar nos compromisos de descarbonización do sector pesqueiro”. Neste punto, o senador do PP explicou que “con todo, o alto custo de adquisición de novos motores, xunto coa obrigación de adquirir cabalos de vapor (CV) adicionais a prezos elevados, supón unha barreira económica insalvábel para moitos armadores”.

Ruiz Rivas mostrouse “convencido de que esta cuestión tamén podería liquidarse” se o Goberno aplicase este criterio cando se negociou o fondo marítimo da pesca e da acuicultura, que impide apoiar de forma importante as melloras neste ámbito para buques de máis de 24 metros de eslora, “que supón a parte fundamental que pode ter esta necesidade”.

Manuel Ruiz Rivas concluíu sinalando que o Goberno “coñecía a especulación na compravenda de CV e non adoptou medidas que evitasen un mercado paralelo, que encarece aínda máis o proceso de modernización”.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.