Ribeira intensifica os controis para garantir a limpeza viaria e o civismo cidadán

24 Abril 2025

A Policía Local de Ribeira vén de denunciar a sete persoas durante a pasada semana por tirar cabichas ao chan así como ás persoas que non recollen os excrementos dos animais domésticos. Esta actuación enmárcase como parte dos controis aleatorios realizados nas rúas do municipio co obxectivo de que se cumpra a Ordenanza Municipal de Limpeza, que prohibe expresamente este tipo de condutas incívicas.

O Concello e a Policía Local lembran que as infraccións detectadas poden derivar en sancións económicas que oscilan entre os 30 e os 101 euros, segundo o recollido nos artigos 6 e 52 da mencionada ordenanza.

Engaden que “estas medidas non teñen un carácter recadatorio, senón pedagóxico e de concienciación. Non se trata só de evitar as sancións, senón de promover un comportamento responsábel que mellore a calidade de vida da veciñanza”.

O alcalde ribeirán, Luís Pérez Barral, engadiu que “o feito de tirar unha cabicha ao chan
ou non recoller os excrementos dos animais pode parecer insignificante, pero ten o seu impacto ambiental e estético xa que provoca moitas molestias. Temos que comprender que respectar as normas básicas de convivencia é fundamental para construír unha vila máis limpa” engadiu o rexedor. Desde o Concello, faise un chamamento á colaboración da veciñanza para manter os espazos públicos en bo estado, lembrando que a limpeza e o respecto común son unha responsabilidade compartida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...