Ribeira avanza na mellora das infraestruturas básicas en Oleiros

10 Abril 2025

Membros do Goberno municipal do Concello de Ribeira, encabezados polo alcalde, Luís Pérez Barral, realizaron este 10 de abril unha visita ás obras de pavimentación que se están a executar no lugar dos Muíños, na parroquia de Oleiros. A visita tivo como obxectivo fiscalizar o avance dos traballos e supervisar de primeira man o correcto desenvolvemento desta actuación que forma parte dun plan máis amplo de mellora das infraestruturas viarias e de servizos do municipio.

O alcalde Luís Pérez Barral destacou que xa se levan investidos 167.000 euros nos últimos meses, repartidos en 67.000 euros destinados á pavimentación de Os Muíños e 100.000 euros máis para dotar de saneamento e mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade na zona da Gándara.

Ademais, anunciou que o Concello está a piques de adxudicar dúas novas actuacións no ámbito deportivo, cun investimento conxunto de 165.000 euros. Devanditos fondos destinaranse á renovación dos vestiarios -150.000 euros- e á instalación de novas luces LED no campo de fútbol municipal -15.000 euros-, mellorando así as instalacións e promovendo a eficiencia enerxética.

Ademais, sinalou que de cara ao final do presente ano tamén está previsto pavimentado dun novo ramal nos Muíños, cun orzamento de 53.000 euros, continuando coa mellora das vías nesta contorna rural.

Por outra banda, o rexedor adiantou que para o vindeiro ano tamén está contemplada a ampliación do sistema de saneamento a diferentes zonas do municipio cun investimento estimado de 85.000 euros, dentro do compromiso do Goberno local de seguir avanzando na modernización dos servizos básicos nas parroquias.

Estas actuacións en conxunto suman 470.000 euros qu, en palabras do rexedor, “permiten seguir a folla de ruta do Goberno municipal de Ribeira para estender os servizos esenciais como pavimentacións, saneamentos e dotación de auga para consumo doméstico para aumentar a calidade de vida da veciñanza”.

Estes investimentos dan resposta ás peticións veciñais, sinalou a concelleira de Facenda, Herminia Pouso salientando que “as pavimentacións son algo moi demandado polo veciñanza así como outros servizos básicos que son as cuestións que temos que priorizar nas liñas de traballo; e así o estamos facendo” para rematar engadiu “para min é unha satisfacción ver como pouco a pouco se van atendendo as demandas dos veciños e veciñas”.

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

Me duele lo que escribo. Tal vez difícil de entender. Hay dos tipos de plumas, las plumas biológicas y las plumas de escritura. Las plumas biológicas, las hay de Pavo Real y de buitre carroñero. La pluma estilográfica es, didáctica, limpia y clara, un verbo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.