Porto do Son celebrará o 1 de maio a XXIII edición da súa Xuntanza de Confraternidade

07 Abril 2025

O Concello de Porto do Son organiza, un ano máis, a tradicional Xuntanza de Confraternidade, que será o vindeiro 1 de maio, para recoñecer e homenaxear ás persoas maiores de municipio.

A xornada, que chega á súa 23ª edición, dará comezo ás 12:00 horas cunha misa na Igrexa de San Vicente de Noal, cantada polo Coro Parroquial de Porto do Son, e continuará ás 14:00 horas cun xantar que terá lugar na carpa situada no xardín da zona portuaria. O Concello ofrecerá un servizo de autobuses para facilitar o acceso ao evento.

A participación no xantar será gratuíta e é necesario confirmar asistencia de maneira previa. Poderase facer de maneira presencial na Área de Benestar Social do Concello, entre os días 14 e 25 de abril. No momento da inscrición deberase presentar tamén o DNI orixinal.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co departamento correspondente a través do teléfono 981 86 74 14, en horario de 9:00 a 13:00 horas.

O alcalde, Luís Oujo, destacou que “estamos encantados de presentar unha nova edición da nosa Xuntanza de Confraternidade, un evento con gran arraigo no noso municipio e un espazo de encontro para os nosos maiores”.

Imaxe dunha das anteriores edicións do xantar de Porto do Son

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.