O PSOE de Rianxo pide plenos “máis democráticos” e “igualitarios para todos os grupos”

27 Abril 2025

O grupo municipal socialista de Rianxo emitiu un comunicado no que critica o formato do pleno municipal e o rexeitamento por parte do Goberno local a varialo para, segundo indicar o PSOE, facelo “máis democrático e igualitario para todos os grupos”. O voceiro socialista, Óscar Rial, sinalou que “o funcionamento actual do pleno dista moito de garantir a igualdade de condicións entre os grupos políticos” e “resulta evidente a constante limitación nas exposicións dos concelleiros e concelleiras, así como a discriminación á hora de permitir réplicas: mentres a uns grupos se lles concede a posibilidade de intervir libremente, a outros córtaselles a palabra”, sinalan, engadindo que “a solicitude formal de aprobación dun Regulamento Orgánico Municipal (ROM), tamén presentada polo noso grupo, é unha mostra inequívoca de que a situación actual non garante un debate real nin unha xestión democrática dos espazos de diálogo político en Rianxo”. Para os socialistas, “o ROM permitiría regular de maneira transparente e xusta o funcionamento dos plenos, evitando arbitrariedades e consolidando unha cultura de respecto institucional”.

Engaden que “ddesde o PSdeG-PSOE de Rianxo consideramos fundamental, con media lexislatura xa avanzada, a celebración dun debate municipal público, que permita á veciñanza contrastar directamente a información e coñecer de primeira man o traballo que se está a desenvolver; por este motivo, levamos máis de seis meses promovendo esta proposta, presentándoa en dúas ocasións, sempre cun enfoque de debate consensuado entre todos os grupos municipais; e precisamente para favorecer ese consenso, o noso grupo evitou facer exposición pública da proposta ata este momento”.

No seu comunicado os socialistas lembran que en 2023 xa se manifestaron a favor da celebración dun debate municipal, a raíz dunha proposta formulada por Rianxo en Común: “A nosa posición daquela foi clara: compartíamos a necesidade de impulsar un debate, mais considerabamos fundamental que fose organizado de maneira equilibrada, garantindo unha xestión compartida entre todos os grupos políticos e non en base a criterios unilaterais. A pesar de que BNG e PP responderon indicando que non ven necesaria esta celebración, insistimos en que sería un exercicio de transparencia imprescindíbel para reforzar a participación cidadá e o control democrático”. Para o grupo socialista, “este debate sería especialmente importante nun contexto no que a comunicación institucional en redes sociais está sendo empregada de maneira manipuladora polo grupo de Goberno, como quedou evidenciado no último pleno”, e engaden, “un exemplo claro foi a promoción de Rianxo durante a Semana Santa, onde se difundiron imaxes de praias supostamente limpas e accesíbeis, cando a realidade era ben distinta: baños públicos sen limpar, accesos sen acondicionar e, o máis preocupante, a rampla de accesibilidade ás praias colocada unicamente para a foto e retirada de inmediato”.

Neste contexto, o PSOE de Rianxo traslada publicamente ao alcalde as seguintes cuestións:

“Por que motivo non se nos deu resposta á solicitude formal presentada para a celebración dun debate público?”

“Ten previsto o alcalde responder a dita solicitude ou promover, dalgunha maneira, un espazo de diálogo público ao respecto?”

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...