O programa Rúas Musicais soará en Ribeira este 1 de maio

29 Abril 2025


O concelleiro de Turismo de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta presentou dúas actuacións para o vindeiro 1 de maio, no que se celebra o día da Clase Traballadora. Suárez-Puerta, informou que actuarán na rúa Méndez Núñez ás 19.00 h Lau Panicanela ao carón da vermutería Tangen Ata, “despois nos desprazaremos á praza de Teruel a partir das 21:30 h onde actuará Loren en colaboración conxunta dos bares Cocoluche e A Central.

Suárez-Puerta sinalou que estas actuacións estaban proxectadas para Semana Santa, “e que por mor da choiva e do espazo nos propios locais non se
puideron realizar, polo tanto dende a concellería de Turismo decidimos trasladalas para o Día do Traballador/a”.

O concelleiro de Turismo mostrouse moi satisfeito por esta iniciativa tanto pola acollida da veciñanza e visitantes como a da propia dinamización da hostalería a quen lle agradeceu a súa colaboración.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.