O Pazo de Goiáns acolle o 15 de maio o III Campionato Barista de Colexios de Educación Especial

24 Abril 2025

O Concello de Boiro colabora coa celebración do III Campionato Barista de Colexios de Educación Especial que organiza o CEE Manuel López Navalón e que terá lugar o 15 de maio no Pazo de Goiáns. Participaron na presentación (este xoves 24 de abril) a concelleira de Cultura, Maria Outeiral; o representante de Cafés Templo, Alfonso Aguado; e o representante do CEE Manuel López Navalón, Juan Carracedo.

Segundo explicaron, trátase dun campionato práctico que se celebra na especialidade de servizos de restauración dos programas formativos de centros de educación especial de todo Galicia. “Estamos moi contentos de que escolleran Boiro por terceiro ano consecutivo para facer este evento que favorece a inclusión e as oportunidades laborais das persoas con discapacidade”, afirmou María Outeiral.

Nesta edición participan o CEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela), o CEE Infanta Elena (Monforte de Lemos), o CEE Paxón (Nigrán), o CEE Saladino Cortizo (Vigo), o CEE Pontevedra (Pontevedra), o CEE Maria Mariño (A Coruña) e o CEE Terra de Ferrol (Ferrol). “É unha actividade para darlle visibilidade aos centros de educación especial e ao traballo que realizan, agardo que se repita máis anos”, afirmou Juan Carracedo.

O campionato comezará ás 14.45 horas e este será retransmitido en directo mediante a canle de YouTube de Café Templo. Participarán un total de 14 alumnos e alumnas, dous de cada centro, que farán varias elaboracións a base de café. “Estamos ante un programa que mestura talento e inclusión e que serve de apoio a escolas e centros de hostalería de educación especial de todo Galicia”, afirmou Alfonso Aguado

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...