O Pazo de Goiáns acolle este sábado 5 de abril o XV Festival de Bandas de Música

01 Abril 2025

O Concello de Boiro, a Escola de Música de Boiro e a Banda Municipal de Música de Boiro xuntaron forzas para organizar o XV Festival de Bandas de Música que terá lugar o sábado 5 de abril ás 19.00 horas no Pazo de Goiáns.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou na presentación da actividade xunto con Gabriel Riveiro, da Escola de Música de Boiro, e Manuel Romero, da Banda de Música de Boiro.

“Con esta iniciativa buscase recuperar a tradición do festival de bandas e xuntar a antigos membros da Banda de Música”, recoñeceu Manuel Romero. A actividade regular Banda Municipal de Música de Boiro leva parada dende o ano 2020 pero recentemente, gracias á dirección e Lois Pimentel e Juan Pérez, a banda xuntase en algunhas ocasións no ano como é este festival.

Para este acto a Banda Municipal de Música de Boiro contará coa colaboración da Escola de Música de Boiro. “Temos 30 rapaces e rapazas que van colaborar este sábado e acompañarán aos músicos veteranos da Banda de Música”, afirmou Gabriel Riveiro.

Como convidada este sábado estará a Banda de Música de Yeles (Toledo) fundada en 2004 por un ex-membro da Banda Municipal de Música de Boiro, Gustavo Romero. Unha banda con só 18 anos de vida pero que actuou en recitais, concertos e actuacións de diverso tipo en numerosas provincias, sinalaron na presentación do cartel celebrada este 1 de abril no Concello de Boiro.

Alí, a concelleira de Cultura, María Outeiral, animou á veciñanza a achegarse este sábado ao Pazo de Goiáns para desfrutar deste “espectáculo tradicional como é o Festival de Bandas e ver de novo á Banda Municipal de Música de Boiro, un proxecto que están recuperando con moitas ganas e moita ilusión e que agardamos que se consolide cun par de citas anuais”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...