O Museo das Minas de San Finx reabre as súas portas cun horario especial co gallo da Semana Santa

12 Abril 2025

O museo do poboado mineiro das minas de San Finx abre de novo as súas portas ao público, tras a incorporación esta mesma semana dunha técnica municipal que se encargará de atender ás visitas.

Así, as instalacións recuperan o seu horario habitual e abrirán en horario de mañá (de 10:00 a 14:00 horas) todos os mércores, xoves e venres. Os sábados e domingos haberá atención tanto en horario de mañá (10:00 a 14:00 horas) como de tarde (16:00 a 19:00 horas). As instalacións estarán pechadas os luns e os martes.

A maiores, o Concello de Lousame informa dun horario especial para a próxima semana, coincidindo coa celebración da Semana Santa. Así, o museo abrirá as súas portas o mércores 16 de abril e o sábado 19 de abril de 10:00 a 14:00 horas, mentres que o xoves 17, o venres 18 e o domingo 20 de abril a apertura será de 10:00 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:00 horas. O luns e o martes estará pechado.

Visitas

A visita é libre, agás para grupos de máis de 10 persoas nos que é preciso reservar praza chamando ao 981 829 494 ou enviando un correo electrónico a museominasdesanfinx@gmail.com. Aínda que as visitas se adaptan as dispoñibilidades de tempo do grupo, adoitan durar entre hora e hora e media.

A entrada ao complexo museístico ten un prezo de 2 euros, para persoas entre os 6 e os 64 anos, cunha tarifa reducida de 1 euro para persoas empadroadas en Lousame e grupos de escolares. A entrada é totalmente de balde para menores de 5 anos e persoas maiores de 65 anos.

As persoas que se acheguen polo poboado mineiro contarán co asesoramento e guía da técnica do Museo das Minas de San Finx, que lles dará a coñecer tanto a historia das minas como a súa evolución ao longo dos anos, así como o traballo realizado polo Concello de Lousame para rehabilitar e poñer en valor este patrimonio.

A visita inclúe un percorrido polo centro de interpretación, onde se pode ver tanto unha maqueta a escala das minas como distinta documentación e trebellos relacionados coa traballo das minas e coa época, dende o propio volframio ata teléfonos antigos, peneiras, imaxes antigas… Ademais, tamén se visitan os distintos inmobles do poboado mineiro (edificio de compresores, enganche eléctrico, armazón do pozo novo…) onde se poden contemplar os equipos que se utilizaban na extracción do mineral, algúns deles en perfecto estado de uso como compresores, cabrestantes, forno de fundición de estaño, etc.

Un total de 960 persoas visitaron o poboado mineiro das minas de San Finx durante o ano 2024.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.