O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza dúas novas xornadas sobre transformación de madeira (en Leiro e en Araño)

15 Abril 2025

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza impulsa ​novas xornadas demostrativas centradas na transformación da madeira e o uso de serradoiro portátil. Están organizadas pola Plataforma pola Defensa do Monte en colaboración coa Comunidade de Montes de Leiro, a Comunidade de Montes do Araño e a Comunidade de Montes de Baroña, que cede a peza estrela: un serradoiro portátil Logosol.

A primeira será o martes 22 de abril na Comunidade de Montes de Leiro, e a segunda na Comunidade de Montes do Araño con data aínda por definir, ambas en Rianxo. O serradoiro portátil, da marca Logosol, está cedido pola Comunidade de Montes de Baroña e será o seu persoal quen guíe as demostracións.

Estas xornadas dan continuidade á experiencia realizada en marzo en Baroña (Porto do Son), cun obxectivo claro: promover o aproveitamento local da madeira e explorar alternativas sustentábeis á produción forestal, poñendo en valor os recursos do monte dende unha perspectiva social, ambiental e comunitaria.

A sesión do día 22 incluirá unha demostración práctica do uso do serradoiro portátil, coa participación de 40 alumnos de centros educativos do Barbanza. Pola súa banda, a xornada no Araño espérase que teña un carácter máis aberto e festivo, dirixida á veciñanza e ao conxunto da comunidade.

Ademais das demostracións prácticas e actividades abertas á veciñanza, ofrécese a posibilidade de que particulares ou comunidades transforman a súa madeira no tempo que o serradoiro está en Rianxo. As persoas interesadas poden poñerse en contacto co proxecto para valorar a viabilidade e coordinar a súa participación. Poden escribir un correo a
info@barbanzaecosocial.org para coordinar a súa participación.

Xornada demostrativa de uso de serradoiro portátil en Leiro

Martes 22 de abril a partir das 10h, na praza da Veliña, Lugar de Rañó, Rianxo, 15928 Leiro, A Coruña

Nos próximos días anunciarase a data da xornada no Araño.

O Laboratorio está financiado con fondos europeos grazas ao apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU. A coordinación do proxecto do Laboratorio está a cargo da Fundación RIA.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...