O investimento en Muros da Deputación da Coruña supera os 860.000 euros

04 Abril 2025

O Concello de Muros acolleu na mañá deste venres 4 de abril a visita da deputada de plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García Rey, que estivo acompañada da alcaldesa, María Lago; a deputada provincial, Soledad Agra, e parte da corporación municipal. Segundo lembrou a deputada, Muros recibe este 2025 un importe de 862.017,14€ do Plan Único da institución provincial. García aproveitou para visitar unha das obras en execución grazas a estes fondos provinciais.

Cristina García salientou a importancia deste plan para os 93 concellos da provincia, e puxo tamén en valor o esforzo da Deputación, “que prevé investir este ano 125 millóns de euros nos 93 concellos da provincia, mentres que a Xunta destina 116 millóns aos 313 concellos de todo o país, a través do Fondo Galego de Cooperación Local”.

A alcaldesa de Muros, pola súa banda, sinalou que este plan “nos permite investir en obras, pero tamén noutros proxectos que son máis invisíbeis como o gasto corrente”. Amais, puxo o foco nos “gastos asociados a servizos sociais” xa que, no caso de Muros, tal e como afirmou, “axúdanos a asumir os gastos de axuda a asistencia no fogar que é unha competencia impropia que temos asumida os concellos e que se leva unha suma importante do orzamento municipal”. A alcaldesa, ademais, falou dos fondos que destina, con cargo ao Plan Único, “ao mantemento dos servizos de madrugadores, favorecendo a conciliación familiar”, e tamén “á factura da electricidade”. Para rematar, agradeceu á Deputación “a colaboración, e esa flexibilidade que se nos ofrece, xa que é a axuda máis grande que recibimos os concellos”.

A deputada sinalou, ademais que, ademais de promover un impacto positivo na vida da veciñanza, “supón tamén un impulso para a economía local, ao fomentar a contratación de pequenas e medias empresas de construción, enxeñerías e outras de sectores relacionados. Non só se asegura a execución de obras necesarias senón que tamén se axuda a fortalecer o tecido empresarial local, se consolida o emprego e contribúese a fixar poboación”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.