O INTECMAR pon en valor a súa xestión ante os vertidos de hidrocarburos na Ribeiriña

02 Abril 2025

A directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR), Covadonga Salgado, fixo un balance da actividade desenvolvida polo centro en sede parlamentaria, onde destacou o “importante traballo do mesmo en materia de seguridade alimentaria”. Na súa comparecencia, Salgado lembrou que o centro realiza unha media de 80.000 análises anuais, é dicir, arredor de 380 análises diarias para “controlar e garantir a calidade e salubridade dos produtos do mar de Galicia”. Ademais, dixo, “emite máis de 6.000 informes anuais a prol do funcionamento dos plans de explotación das entidades marisqueiras” e “envía máis de 20.000 notificacións de cambios nas zonas de produción de moluscos bivalvos a todos os axentes implicados, atendendo á situación microbiolóxica e de biotoxinas maioritariamente”.

Salgado, nun plano máis concreto, centrou unha parte da súa intervención no problema de vertidos de hidrocarburos da Ribeiriña, na Pobra do Caramiñal, como tamén centrou unha boa parte das declaracións da parlamentaria nacionalista Rosana Pérez. A directora de INTECMAR sinalou que dende o instituto “traballouse incrementando o control espacial e temporal de hidrocarburos nos moluscos”, e así, en canto “se tivo constancia da súa existencia, o instituto realizou análises específicas os días 15 e 28 de xaneiro e o 12 de febreiro”, obrigando os resultados obtidos a pechar tres bancos (1 de marisqueo a pé e 2 de navalla). As últimas mostraxes, das que agarda terse datos nos vindeiros días, realizáronse a mediados de marzo, lembrou, engadindo que “a actuación do INTECMAR foi dilixente”, ata o punto de que ela mesma lle comunicou os resultados e as accións que se ían tomar ao patrón maior o 11 de marzo, co fin de que dende a Confraría se tivese constancia do desenvolvemento dos feitos, sinalou.

A maiores, fixo saber que dende a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático actuouse dous eidos. Por unha banda con Costas do Estado, titular dos terreos de La Onza de Oro, validando un plan de investigación para que, nun prazo de 4 meses, presente o seu informe final e, a partir dos resultados obtidos, determinar as actuacións a seguir no caso de que se certifique que o solo está contaminado. Asemade, solicitouse documentación ao Concello, que, segundo dixo a directora do INTECMAR, “aínda non remitiu”. Esta documentación está composta por un informe sobre as medidas urbanísticas adoptadas, previstas ou en curso en relación coas instalacións de HADASA, información sobre as actuacións ou medidas de seguridade realizadas respecto aos residuos detectados e sobre as accións destinadas a mitigar os riscos ambientais e protexer a salubridade pública, copia dos informes técnicos, expedientes ou calquera outra documentación relevante.

Outros artigos

Martes 14, tempo variable ao longo do día

Galicia manterase nesta xornada nunha situación de equilibrio entre altas e baixas presións, o que deixará un tempo variable ao longo do día. Durante a mañá predominarán os ceos moi nubrados, con presenza de chuvias febles en distintos puntos da comunidade. Co avance...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

“Ser optimista, estar pesimista”. José Antonio Constenla

“Ser optimista, estar pesimista”. José Antonio Constenla

En español usamos dos verbos (ser y estar) para expresar lo que otraslenguas, como el inglés, concentran en uno solo (to be). No es una diferenciamenor ya que nos permite distinguir entre lo permanente y lo circunstancial,entre lo que somos y lo que simplemente nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.