O concurso de deseño de carteis das Festas de Santo Isidro xa ten gañador

23 Abril 2025

O Concurso de Carteis das Festas de Santo Isidro (Rois) xa ten gañador: trátase do artista Victoriano Trenco Diz, veciño de Padrón, que asinará por segunda vez o cartaz anunciador das ditas celebracións. A ilustración realizada por este alumno de Camilo Seira e das clases de arte municipais foi a elixida por un xurado formado pola pintora, fotógrafa e historiadora da Arte Lara Barreiro; o pintor autodidacta Adrián Hermida; e a concelleira Mercedes Basante. Na foto, posan co cartel gañador.

O Concello de Rois abriu en febreiro a convocatoria para o concurso, unha iniciativa que busca fomentar a creatividade e a participación veciñal, ademais de contribuír á promoción desta celebración tradicional. O prazo para a recepción de traballos estivo aberto ata o venres 11 de abril de 2025. O xurado, composto por expertos no ámbito da arte e do deseño, valorou a calidade artística, a idoneidade como cartel e a capacidade de representación da festividade.

O cartel gañador converterase na imaxe oficial das festas e o seu autor recibirá un premio de 200 euros. Ademais, o traballo premiado pasará a ser propiedade do Concello de Rois, podendo ser reproducido e difundido en distintos soportes de comunicación.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.