O Concello de Ribeira promove unha exposición fotográfica que reivindica o traballo das redeiras

12 Abril 2025

O Centro Cultural Lustres Rivas acolle a exposición Atadoras, unha mostra fotográfica impulsada polo Concello de Ribeira, a Real e Ilustre Confraría da Dorna e Culturmar que pon en valor o traballo das redeiras, mulleres imprescindibles no mundo do mar e piares fundamentais do noso patrimonio marítimo.

A inauguración contou coa presenza do alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, quen destacou a importancia desta iniciativa cultural como antesala da XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que terá lugar en xullo na localidade despois de 32 anos.

“Queremos ir quecendo motores para un evento que é moito máis ca unha festa: é unha oportunidade para recoñecer as profesións vinculadas ao mar e sentirnos orgullosos da nosa historia mariñeira”, afirmou o rexedor.

O rexedor agradeceu a José Luis Rodríguez Ruza, autor da mostra, polo seu traballo á hora de capturar, a través da cámara, a esencia dun oficio transmitido de xeración en xeración. “As imaxes que vemos aquí podería dicirse que ata teñen sentimento”, sinalou, destacando que estas fotografías visibilizan a dureza, precisión e paciencia do labor das atadoras.

Na presentación tamén interviñeron a concelleira de Cultura, Antía Alberte; Marcos Buíde en representación da Federación Culturmar e Anxo García en representación da Confraría da Dorna.

Desde o Concello de Ribeira, Dorna e Culturmar convidan á cidadanía a visitar esta exposición e a implicarse nos actos previos ao Encontro de Embarcacións Tradicionais, lembrando que “poñer en valor o traballo das redeiras é tamén dicir alto e claro que o noso patrimonio non é só madeira e velas, senón tamén as mans que fan posible que esas velas naveguen e que as redes pesquen”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Testemuña dun golpe anunciado”. Antonio González Millán

“Testemuña dun golpe anunciado”. Antonio González Millán

Estas tardes quedas e frías de inverno son a oportunidade para atallar propósitos que, tempo atrás, e noutras circunstancias, non poderíamos atender. Chove quedo afora. Manan as beizóns da auga do ceo entre parques arborizados e poemas labrados nas pedras da...

“El eterno dilema” – Manuel Domínguez

“El eterno dilema” – Manuel Domínguez

Eterno dilema. ¿El fin justifica los medios, si o no? Mi opinión, todo depende del resultado final. Asesino es quien mata a otro. Pero como siempre hay salvedades, si yo matase a quien tú piensas, y puedes pensar en plural, no seria asesino, sino salvador de muchas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.