O Concello de Ribeira pavimenta a rúa Francisco Lorenzo Mariño en Aguiño

02 Abril 2025

O Concello de Ribeira está a levar a cabo a pavimentación da céntrica rúa Francisco Lorenzo Mariño, na parroquia de Aguiño. Esta actuación, amplamente demandada pola veciñanza, pon fin a máis de oito anos sen intervencións nesta estrada, que presentaba un avanzado estado de deterioro, segundo sinalou o Concello.

O alcalde e os tenentes de alcalde estiveron este mércores 2 de abril supervisando o desenvolvemento desta intervención que contempla a reposición integral do pavimento, garantindo unha superficie máis segura para a circulación de vehículos e peóns. Ademais, no marco do compromiso do Concello coa accesibilidade universal, estanse instalando pasos de peóns elevados que permitirán un tránsito máis seguro entre as beirarrúas e contribuirán ao calmado do tráfico na zona contribuíndo a salvar vidas e evitar accidentes.

O tenente de alcalde, Vicente Mariño, mostrouse moi contento e satisfeito polo comezo das obras de pavimentación: “Éncheme de orgullo ver o inicio das obras de pavimentación despois de todo o que ocorreu nesta rúa ao longo de tantos anos”. Mariño puxo en valor o traballo do Goberno para que a pavimentación fora unha realidade e deu os parabéns a tódolos veciños e veciñas de Aguiño “xa que era unha obra moi demandada”.

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, destacou a importancia desta obra e lembrou que se está a realizar un investimento forte nas parroquias para dar resposta ás necesidades da veciñanza. “Nos últimos dous anos investíronse 250.000 euros en dotacións básicas para a parroquia, entre as que se inclúen o pavimentado da rúa Francisco Lorenzo Mariño e a renovación da liña de abastecemento, saneamento e pavimentación da rúa Curbelo. Ademais, están en execución ou a piques de comezar outras obras que suman 2 millóns de euros”, sinalou.

Segundo detallou Pérez Barral entre estas actuacións previstas atópanse as pavimentacións das rúas Luís Seoane e Praia da Ribeira con 186.000€, a renovación da liña de auga para consumo na Cerca por 175.000€, a construción da sede do Club de Remo e a renovación do conservatorio de Aguiño que teñen un investimento de 1.000.000€ e 630.000€ respectivamente.

Dende o Goberno local destacan que grazas a estas actuacións a veciñanza desfrutará de servizos básicos renovados e cúmprese co compromiso de investir os fondos públicos nas prioridades das persoas, contribuíndo a gañar servizos públicos pero tamén espazos máis accesibles, seguros e habitábeis para todos os veciños e veciñas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...