O Concello de Lousame presenta o programa de actividades de promoción da lectura para os meses de abril e maio

09 Abril 2025

O Concello de Lousame, a través da súa Axencia Municipal de Lectura, súmase un ano máis á conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil durante os meses de abril e maio. Unha programación especial que foi presentada pola concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, xunto cos técnicos de Cultura, Eduardo Agraso e Teresa Baluja.

A concelleira puxo en valor que “incluímos actividades para todas idades, polo que agardamos que gusten a todas as familias e que se animen a participar”. Así mesmo, destacou especialmente a que esta previsto para este sábado 12 de abril, un contacontos sensorial para bebés xa que “as familias recibirán tamén unhas pautas para que lles sigan lendo, cantando e desfrutando da lectura nas súas casas”.

Pola súa banda, o técnico Eduardo Agraxo, explicou algunhas das novidades desta edición: “a petición da veciñanza, adaptamos as actividades ás distintas idades. Ademais, quixemos darlles un punto diferente, incluíndo contacontos con acompañamento musical, obradoiros científicos ou pintacaras con actuacións musicais”.

Programación

A programación comezará este sábado 12 de abril, ás 12:00 horas, cun contacontos sensorial a cargo de Eduvía. Dirixido a bebés de 0 a 3 anos, nesta sesión descubrirán as emocións que acompañan ás palabras, ás cancións, os libros… a través de distintos obxectos.

Xa no mes de maio, os maiores de 6 anos serán os protagonistas de dúas actividades. A primeira será un obradoiro científico o día 10, ás 12:00 horas, no que “porán a proba o seu maxín e aprenderán a facer uns experimentos que poderán repetir nas súas casas”, explica Eduardo Agraso. Una semana despois, o 16 de maio, ás 18:00 horas, a artista multidisciplinar Silvia Rábade impartirá o obradoiro creativo “Debuxando caras”, que incluirá tamén unha actuación musical.

As familias interesadas poderán inscribirse de xeito totalmente gratuíto a través da www.bandoticket.com. Segundo sinalaron, é “imprescindíbel respectar os límites de idade establecidos polas empresas e compañías en cada actividade; xa que as reservas que incumpran este requisito serán anuladas automaticamente”.

Estas actividades de promoción da lectura están organizada polo Concello de Lousame, a través da Axencia Infantil Municipal de Lectura, e ao abeiro do programa Ler Conta Moito promovdo pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. O seu obxectivo principal é “o de fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación, en xeral, e nos máis pequenos, en particular”.

Previamente, o pasado día 2 de abril, data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, publicouse o Manifesto do Día do Libro Infantil 2025, elaborado este ano pola artista Rian Visser e pola ilustradora Janneke Ipenburg.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.