O Concello da Pobra delega a recadación de impostos á Deputación da Coruña

08 Abril 2025

A Pobra do Caramiñal delega, a partir deste ano 2025, a recadación dos impostos directos e multas e tráfico á Deputación da Coruña por motivos loxísticos, mentres que conserva a recadación da taxa do lixo. O concelleiro de facenda, Eloy Sobrido García, quixo esclarecer a motivación deste cambio, deixando en claro o que: “O servizo funcionaba moi ben, rozando o 85% na recadación voluntaria, mais para non sobresaturar á Tesourería do Concello consideramos axeitado realizar este cambio”.

Preguntado polos cambios que isto suporá para a veciñanza, o concelleiro engadiu: “Todos os tramites necesarios poderanse facer dende o Concello. O Servizo de Recadación municipal está preparado para realizar calquera trámite que calquera veciño precise dende alí mesmo, sen necesidade de trasladarse a outros concellos. A diferencia estará en que non se realizarán os pagos directamente no Concello, pero poderanse realizar en calquera banco colaborador ou solicitar a domiciliación dos recibos dende o propio Concello, coma sempre. “, puntualizaba Eloy Sobrido.

Asemade, o concelleiro aclara as posíbeis dúbidas sobre os períodos de pago: “Este ano o imposto aos vehículos chegará, seguramente, en setembro, na vez de chegar agora nestes meses de marzo e abril, pois aínda están tratando a base de datos na Deputación. Esta situación é extraordinaria deste ano, recuperándose nos a partir do ano que vén os prazos habituais, entre o mes de marzo e abril”.

Sobrido rematou recalcando que “a medida será beneficiosa para o bo funcionamento da Administración local, permitindo reforzar os departamentos de Intervención e Tesourería”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.