O BNG de Dodro sae absolto dunha nova denuncia do ex alcalde Valentín Alfonsín Somoza

10 Abril 2025

A denuncia formulada polo ex alcalde do PP Valentín Alfonsín Somoza diante do xulgado de Padrón contra o portavoz local do BNG (Xoán Bautista Mariño), persoal municipal e demais membros da xunta de Goberno local no anterior Executivo tripartito de Dodro rematou coa absolución dos denunciados tras máis de tres anos.

Xoán Bautista Mariño nunha imaxe de Nós Diario

Como lembran fontes do BNG, o escrito dirixido ao Xulgado de Padrón constaba de 91 folios por un presunto delito de prevaricación. Os nacionalistas sinalan que “confiaron, coma nas anteriores denuncias formuladas polo ex alcalde, no bo traballo do seu portavoz municipal, membro dun Goberno que tivo que afrontar o atraso dun Concello desfeito polo PP; ademais en plena pandemia houbo, como por todo o país, que esforzarse máis ante ese novo reto”.

O BNG de Dodro entende que a Xustiza confirmou que “se trata dunha persecución política cun custo que, só para o Concello de Dodro na figura do daquela tenente de alcalde nacionalista, supuxo un gasto equivalente ás facturas de telefonía e Internet durante un ano nos edificios de Servizos Sociais”. O BNG sostén que “o PP estaba rabioso polos éxitos no goberno coas propostas de mellora entre as que sobresae unha traballadora social máis, a elaboración de novos programas ou o aumento de ata 2.305 horas ao mes de atención a maiores entre outros avances cos que se benefician ata hoxe os habitantes de Dodro”.

Pola súa parte o portavoz municipal do BNG, Xoán Bautisma Mariño, agora desde a oposición, manifestou que “sempre estivo tranquilo” coma o resto de persoas denunciadas pois nunca cometeron ningún delito no desenvolvemento das súas funcións, sinalou. A intención, engadiu, “era o descrédito e conseguir menoscabar -vía xulgado- o enorme traballo persoal de dedicación ao meu concello e desacreditar a miña organización política”.

Como lembraremos, a absolución acabada de confirmar polo BNG tivo un precedente en 2022, cando unha denuncia do ex alcalde rematou coa Audiencia Provincial desestimando o recurso de Valentín Alfonsón contra o acordo da xunta de Goberno local en relación á apertura dun expediente urbanístico. Previamente tampouco puido prosperar outra denuncia contra o alcalde, Xabier Castro (PSOE), e os concelleiros Ramón Abuín (PSOE), Xoán Xosé Vicente (UVD) e Xoán Bautista (BNG). Fora rexeitada polo Xulgado de Padrón. Segundo o daquela grupo de goberno, os feitos denunciados “nunca foron sospeitosos de seren ilegais e nunca os concelleiros e a secretaria actuaron ou actúan de mala fe”.

Outros artigos

A Pobra do Caramiñal rende homenaxe a Manuel Hermo Vidal

A homenaxe a Manuel Hermo Vidal tivo lugar o 16 de abril no salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal. Este acto institucional foi organizado para recoñecer a figura de Hermo Vidal, quen defendeu os valores democráticos nun momento crítico da historia. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

“A nosa e a vosa ruada”. Luís Celeiro

Estaba sentada nunha parede baixiña, diante da porta da casa, no mesmo barrio que vivíasúa tía, na mesma rúa onde vivira súa nai, seu pai e onde viven agora moitos recordos,lembranzas da nenez, da mocidade, das historias que leu e das que lle contaron. Estaba,igual...