O alumnado dos CEIP de Boiro participa nunha plantación de árbores senlleiras no monte da Pedreira

09 Abril 2025

O alumnado dos CEIP de Boiro participou nunha plantación de árbores autóctonas nun terreo municipal do monte da Pedreira. A concelleira de Medio Ambiente, Olga González, e o concelleiro Raúl Treus, tamén estiveron presentes nos traballos.

Máis de 160 alumnos participaron na actividade na que realizaron unha plantación de 200 carballos subministrados polo Distrito Forestal e o Concello de Boiro. Para realizar estas tarefas ambientais contouse coa colaboración do alumnado da formación en Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns IV, ademais da brigada e axentes forestais do Distrito.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.