O alcalde de Porto do Son reúnese co presidente da Xunta para avanzar en proxectos clave para o municipio

17 Abril 2025

A captación de augas para dar servizo á zona sur do concello, a posibilidade de construír un novo Centro de Saúde en Porto do Son, a execución de
melloras no CEIP Portosín e a fachada marítima de Portosín foron os temas a tratar.
O rexedor destacou que “esta primeira reunión senta as bases para mellorar o noso municipio, e quero agradecer a Alfonso Rueda o seu
compromiso para que así sexa”.

O alcalde de Porto do Son, José Luis Oujo, mantivo esta semana unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, co obxectivo de abordar varios temas de gran relevancia para a veciñanza do municipio.

Entre os asuntos tratados destacaron a captación de augas para abastecer á zona sur do concello, a posible construción dun novo Centro de Saúde en Porto do Son, a execución de melloras no CEIP de Portosín e a renovación da fachada marítima desta localidade.

José Luis Oujo agradeceu “a boa disposición por parte do goberno autonómico, especialmente do seu presidente, Alfonso Rueda, para que estes puntos tan importantes para nós sexan tomados en conta para executarse no futuro”.

O alcalde subliñou que “esta primeira reunión senta as bases para mellorar Porto do Son, e seguiremos traballando para darlle continuidade a este modelo de actuación”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.