Muros únese pola solidariedade cun grande X humano

04 Abril 2025

A Praza do Concello de Muros converteuse no epicentro da solidariedade galega cunha emotiva concentración organizada por ADISBISMUR (Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros). Máis de 170 persoas, entre elas alumnado e profesorado do IES As Ínsuas, CEIP Ramón de Artaza e Malvárez e IES Fontexería, uníronse para formar un grande X con paraugas, simbolizando a importancia de apoiar ás persoas en situación de vulnerabilidade.

A concentración tivo lugar ás 12:00 horas no Curro da Praza e foi, en palabras da asociación inclusiva da comarca, “unha auténtica mostra de unión e compromiso”. Durante o acto, a directora de ADISBISMUR, a alcaldesa de Muros (María Lago) e membros do equipo de goberno puxeron voz a un manifesto no que destacaron que a solidariedade é esencial para construír unha sociedade máis xusta e inclusiva.

“Marcar o X Solidario na túa declaración da renda non custa nada, pero cambia moito”, foi unha das mensaxes máis destacadas do evento, reforzando a importancia do compromiso social. O grande “X” formada polos asistentes simbolizou, segundo sinalou a asociación, “o poder transformador da solidariedade e a forza da comunidade cando traballa unida por un obxectivo común”.

ADISBISMUR agradeceu a implicación de todas as persoas participantes e reafirmou o seu compromiso de “seguir loitando por unha sociedade máis igualitaria, inclusiva e comprometida co benestar de todas as persoas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.