Muros organiza un roteiro nocturno polos petróglifos Abrigo das Cruces e Laxe das Rodas este mércores 16 de abril

14 Abril 2025

O Concello de Muros, a través da Concellería de Turismo, organiza un roteiro nocturno aos petróglifos do Abrigo das Cruces e da Laxe das Rodas o vindeiro mércores 16 de abril ás 20:30 h. Trátase, segundo explicaron as responsábeis do dito departamento, “dunha actividade pensada para achegar á veciñanza e visitantes ao noso patrimonio arqueolóxico dun xeito diferente e atractivo”.

O punto de encontro será no CEIP de Louro e a ruta contará cunha dificultade media. As prazas estarán limitadas a 35 persoas, polo que será preciso realizar inscrición previa chamando ao teléfono do Concello: 981 826 050 (extensión 2).

A actividade está enmarcada dentro da aposta do Concello pola divulgación do noso patrimonio cultural e natural, combinando o valor histórico dos petróglifos coa experiencia única dunha visita nocturna guiada.

A concelleira de Turismo, Caridad González, animou do seguinte xeito á participación neste tipo de iniciativas: “Queremos que a veciñanza e quen nos visita descubran os tesouros do noso territorio e facelo de noite dálle un ton especial. Os petróglifos son unha pegada identitaria do noso pasado e actividades como esta permítennos valoralos como merecen.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...