Muros acolle este sábado un obradoiro de pesca submarina, unha exhibición de automóbiles e a VIII Carreira dos Calexóns

10 Abril 2025

O Concello de Muros acollerá este sábado, día 12 de abril, varias actividades deportivas coincidindo co comezo da Semana Santa.

En, primeiro lugar, a parroquia de Esteiro, en concreto a praia de Somorto, vai dar acollida a un obradoiro de iniciación á pesca submarina. Será ás 10:00 horas e estará impartido por Soraya Hermida, actual campioa Galega e de España da modalidade. O obradoiro, destinado a persoas maiores de 16 anos, inclúe sesións de teoría e de práctica. Lembrar que na I Gala do Deporte do Concello de Muros, Soraya Hermida foi a gañadora na categoría de mellor deportista feminina do ano 2024. Máis información e inscricións: 650 543 519.

Ademais, no polígono industrial da parroquia de Serres celebrarase un KDD Multimarca de Coches desde as 11:00 horas, organizada pola asociación Racing Muros, de recente creación.

Pola noite desenvolverase en Muros unha proba xa contrastada: a Carreira Nocturna dos Calexóns (oitava edición), organizada pola Cuadrilla Pepa a Loba. Será este 12 de abril, con dúas categorías: infantil e absoluta. A saída da absoluta está prevista para as 21.00 dende a pista da Xesta. Inclúe 2,5 quilómetros de percorrido polo centro histórico de Muros.

“Para rematar o día, unha proba moi atractiva que percorre o casco histórico de Muros e onde combinamos deporte con patrimonio”, engade Damián Torea.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

Refírome ás de fóra, as que levan o nome da nosa cidade polo mundo adiante. Destas, entendo que debería haber un censo se é que non está feito, e esixir un mínimo nivel estético – tamén ético? – para outorgarlles o placet, ainda que me temo que iso é algo que ninguén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.