Mércores 2, aumento da nubosidade que dan paso a chuvascos

01 Abril 2025

Durante a xornada do mércores, prevese unha atmosfera inestable debido ás baixas presións situadas ó oeste da península ibérica. Pola mañá, formaranse néboas nas comarcas do interior, que darán paso a ceos con nubosidade de tipo medio e alto. Co avance das horas, aparecerán nubes de evolución que poderían provocar chuvascos, localmente treboentos. As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso e os ventos sopraran de compoñente leste, sendo frouxos na maior parte do territorio, con intervalos moderados en terra e fortes no mar.

meteogalicia

O noso mar: Vento do leste á mañá e á tarde e variable á noite, forza 3 a 5 á mañá, 4 a 5 á tarde e 1 a 3 á noite. Marusía á mañá, forte marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular á mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do norte, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e á noite e 2 a 3 metros á tarde.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

“Fallos de bondade”. José A. López Silva

En maio de 2013, a Universidade de Syracuse, no estado de Nova York, encargoulle pronunciar o discurso para os seus graduados a un dos profesores do claustro, o escritor George Saunders, que catro anos despois gañaría o Booker británico con Lincoln en el Bardo, unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.