María Lago reclama ao conselleiro de Sanidade “unha solución urxente ao servizo de Pediatría do Centro de Saúde de Muros”

22 Abril 2025

A alcaldesa do Concello de Muros, María Lago, demandou ao conselleiro de Sanidade da Xunta, Antono Gómez Caamaño, “unha solución urxente á situación do servizo de Pediatría do Centro de Saúde de Muros”. Nunha carta enviada ao conselleiro, María Lago amosa “a miña preocupación, xa que levamos xa un ano cunha baixa de longa duración do pediatra que traballa só en Muros, polo que non lle falo dun problema puntual. A outra pediatra que hai debe dar servizo tamén ás familias de Carnota”.

No comunicado a rexedora engade que “por este motivo, 900 nenos e nenas de Muros e Carnota son atendidos por unha única pediatra, que cando falta por vacacións ou calquera outro motivo é substituída por outro profesional, pero só en horario de 08:00 a 12:00 horas e nin sequera todos os días”, engade a alcaldesa, apuntando que “no caso dos nenos e nenas de 0 a 3 anos, son derivados a Outes ou Noia os días nos que non hai pediatra no Centro de Saúde de Muros”.

Polo que respecta aos nenos e nenas maiores de 3 anos, cando non hai pediatra son atendidos polos médicos de Familia do centro, “que son excelentes profesionais pero non pediatras”, sinala a alcaldesa, engadindo que “estas eivas no servizo provocan desde hai tempo o malestar e as queixas dos veciños e veciñas de Muros, preocupadas pola saúde dos seus fillos e pola repercusión na súa vida diaria desta situación”.

En palabras da alcaldesa de Muros, “os concellos pequenos e medianos temos os mesmos dereitos e necesitamos un servizos públicos dignos e de calidade para manter a poboación, polo que lle demando unha solución urxente para recuperar a normalidade no servizo de Pediatría do Centro de Saúde de Muros”.

A alcaldesa apoia a campaña Muros Quere Pediatras das ANPA e o tecido asociativo de Muros. O próximo sábado, 26 de abril, haberá unha concentración no Curro da Praza ás 12:30 horas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.