Mar financia cinco cursos de formación marítimo-pesqueira en Porto do Son

22 Abril 2025

A Confraría de Porto do Son é unha das 17 entidades do sector pesqueiro beneficiarias da liña de axudas bianual da Consellería do Mar para o desenvolvemento de accións formativas no ámbito marítimo pesqueiro, axudas cuxa finalidade é afondar na competitividade e remuda xeracional desta actividade estratéxica para a economía galega. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares visitou o curso que está desenvolvendo o pósito sonense de Formación Básica e Seguridade Marítima, a cuarta das cinco accións formativas subvencionadas polo Goberno galego previstas este ano. Villares, que acudiu acompañado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, sinalou que “a estas alturas do ano xa están executados o en execución 45 dos 97 cursos concedidos a 17 entidades do sector que, xunto os realizados no 2024, xa beneficiaron a preto de 900 persoas”.

Tamén fixo saber que a estes apoios a Consellería do Mar destina 1,5 millóns de euros, complementando a actividade formativa que realizan os centros autonómicos que acolleran este ano outros 102 cursos.

A Confraría de Porto do Son xa realizou dous cursos de Condución segura de equipos de manutención, aos que se engadirá outro previsto para o 30 de maio.

Ademais, tamén desenvolveu un curso de Mariñeiro Pescador no mes de marzo, sempre co obxectivo de dar resposta ás necesidades de capacitación do sector e os seus profesionais. Na actual acción formativa de formación básica participan un total de 17 persoas cuxa actividade lectiva estenderase ata o vindeiro 9 de maio.

Outros artigos

Mats Wenzel imponse na 63ª Clásica de Pascua

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, acompañado polos concelleiros Chus Campos e Luis Mariño, participou activamente este domingo 12 de abril na 63ª Clásica de Pascua, sendo o encargado de dar a saída oficial da proba coa tradicional corta de cinta e formando parte...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.