Manuel Romero Vázquez, ‘Nolo’, preside á xestora do Partido Popular de Boiro como novo presidente

26 Abril 2025

A Xunta Directiva do Partido Popular na provincia da Coruña aprobou o nomeamento de Ángel Manuel González Carneiro como presidente da nova xestora dos populares no Concello de Touro.
Carneiro e o novo equipo de traballo integrado por máis dunha vintena de persoas reforzarán o labor que o partido leva tempo realizando co seu
voceiro, Jesús Reboredo, á fronte.
Con esta decisión, a dirección provincial, encabezada polo seu presidente, Diego Calvo, confía en que os populares poidan alcanzar a alcaldía nas
eleccións municipais que se levarán a cabo no ano 2027, despois de que nos pasados comicios, a súa formación quedase a poucos votos de lograr unha maioría suficiente para gobernar o concello.


Novo presidente da xestora en Boiro
A reunión serviu tamén para que os dirixentes populares da provincia desen luz verde á entrada de Manuel Romero Vázquez, ‘Nolo’, á xestora do Partido Popular de Boiro como novo presidente.
A chegada de ‘Nolo’ servirá para dar un impulso á formación do Barbanza a menos de dous anos das municipais. Vinculado ao deporte e moi coñecido en todo o Concello de Boiro, o novo presidente traballará de forma conxunta co actual voceiro local, Fernando García Dieguez, no obxectivo de abrir e
fortalecer aínda máis un partido que aspira a volver gobernar o municipio.

XESTORA TOURO
Presidente:
Ángel Manuel González Carneiro
Vocais:

  1. María Guadalupe Penas González
  2. Miguel Ángel García Filgueira
  3. Manuel Santos Calvo
  4. Alejandro José González Carneiro
  5. Benigno Souto Cereijo
  6. David Silva Gil
  7. Eloy Fernández Puga
  8. Victoria María Martínez Sebio
  9. Inés Codesido García
  10. María José Taboada Casal
  11. Rocío Rey Suárez
  12. Iago Codesido Fernández
  13. José María Calvo Fernández
  14. Raúl Santos Castro
  15. Silvia Seoane Seoane
  16. Ana García Mera
  17. Jesús José Reboredo González
  18. Rebeca Codesido Barreiro
  19. Isolina Suárez Millán
  20. Alfredo Souto Castelo
  21. María del Carmen Carreira Tojo

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.