Lousame e Rois disporán dun punto limpo móbil grazas a unha achega da Xunta de Galicia

26 Abril 2025


A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, María José Echevarría Moreno, visitaron esta mañá Lousame, onde foron recibidas pola alcaldesa Teresa Villaverde e polo alcalde de Rois, Ramón Tojo, para anunciar a concesión dunha axuda da Xunta destinada á adquisición dun punto limpo móbil que dará servizo a 7.500 veciños entre ambos municipios.

A través dunha achega de 81.000 euros, a Xunta financiará a compra dun camión 100% eléctrico, equipado cunha caixa basculante, grúa de 1.500 kg e capacidade para transportar oito contedores adaptados para a recollida selectiva. Os concellos asumirán o 10% restante e o IVE da actuación, o que supón unha achega conxunta de 27.900 euros.

Durante a visita, a alcaldesa de Lousame agradeceu o apoio da Xunta e destacou a importancia deste servizo para facilitar a correcta xestión dos residuos nas zonas máis afastadas da recollida convencional. “Seguiremos traballando na concienciación cidadá para fomentar a separación de residuos e evitar verteduras incontroladas”, sinalou Villaverde. Pola súa banda, o alcalde de Rois subliñou o compromiso municipal coa protección do medio ambiente e a preservación do rural.

O punto limpo móbil permitirá recoller residuos como papel, cartón, plásticos, vidro, metais, baterías, voluminosos e restos de poda, reducindo as emisións de CO₂ nunhas 7,7 toneladas anuais. Ademais, prevese reducir nun 5% os residuos sen seleccionar no primeiro ano, cun obxectivo de acadar o 15% de redución en tres anos.

Este proxecto enmárcase dentro do plan de axudas da Xunta de Galicia, que este ano destinou 2,6 millóns de euros á mellora e creación de puntos limpos municipais. Ángeles Vázquez destacou que “o éxito da convocatoria obrigou a tramitar unha ampliación de crédito para atender todas as solicitudes que cumprían os requisitos”, demostrando o compromiso do Goberno galego co medio ambiente e a economía circular.

A provincia da Coruña recibiu preto de un millón de euros en subvencións para este tipo de actuacións, sendo a segunda máis beneficiada de Galicia. Ademais, a Xunta investiu este ano case 11 millóns de euros en axudas ás entidades locais para optimizar a xestión de residuos municipais, co obxectivo de avanzar no cumprimento dos obxectivos europeos en materia de reciclaxe e sustentabilidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...