“Iribarne”, da rianxeira Esther Carrodeguas, faise con nove dos Premios de Teatro María Casares, edición XXIX

04 Abril 2025

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) deu a coñecer finalmente o palmarés da XXIX edición dos Premios de Teatro María Casares, na gala celebrada este xoves 3 de abril no Teatro Rosalía de Castro. Nun posto destacado atópase a función Iribarne, de ButacaZero e escrita pola dramaturga rianxeira Esther F. Carrodeguas, que foi a gran triunfadora da noite ao facerse con nove dos doce premios aos que aspiraba: espectáculo, dirección (Xavier Castiñeira), dirección de movemento (Sabela Domínguez), texto orixinal (Esther F. Carrodeguas), actor protagonista (Anxo Outumuro), actriz protagonista (Lidia Veiga), espazo sonoro (Berto), vestiario (Diego Valeiras) e espazo escénico (Diego Valeiras e Xavier Castiñeiras), galardón este último compartido con O dragón de ouro, que tamén foi unha das pezas protagonistas da gala, ao levarse catro dos galardóns: adaptación-tradución (Catuxa Pato), actriz secundaria (Sabela Gago), Iluminación (Laura Iturralde) e espazo escénico (Iris Branco).

Como dixemos, Iribarne é unha obra teatral da autora rianxeira Esther F. Carrodeguas, producida pola compañía ButacaZero que dirixe Xavier Castiñeira. Iribarne é un intento (irreverente) por comprender como chegamos ata aquí a este punto da nosa historia camiñando da man dun deses personaxes secundarios pero absolutamente imprescindíbeis da Fermosísima Historia desta España Miña (esta España Nuestra). En palabras da autora, é “o traballo máis difícil que escribín ata a época, e máis tendo en conta “o extenso da biografía de Fraga.

Carrodeguas engade que “foi complexo atopar o punto de equilibrio do humor, do estilo, así como o lugar desde o que posicionarse”.

“Este personaxe é inabarcábel”, destaca pola súa banda Xavier Castiñeira nunha entrevista recente, engadindo que se ben entende o que fixo Manuel Fraga, “non entende desde onde o fixo e por que fíxoo”. Ambos salientan que pertencen a unha xeración, a da Transición, que creceu rodeada de “un silencio tácito ao redor da historia política recente”, e embarcarse neste proxecto axudoulles a entender de onde vimos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...