GADIS estrea unha plataforma de peixe de 4.000 metros cadrados

09 Abril 2025

A cadea alimentaria galega GADIS informou dun investimento de preto de 6 millóns de euros na nova plataforma de Pescarmar, empresa do grupo encargada da selección, compra e xestión de peixes e mariscos. A nova plataforma supón, en palabras do grupo alimentario, “un paso firme no noso crecemento cunha iniciativa deseñada para seguir ofrecendo aos nosos clientes peixe e marisco fresco coa calidade de sempre, reforzando un dos grandes valores diferenciais de GADIS: a atención experta en mostrador e unha experiencia de compra baseada na proximidade, a variedade e o compromiso co produto do mar”.

As funcionais instalacións no Peirao do Leste contan cunha superficie de 4.066 m2, distribuídos en dous andares. Dispón, ademais, de 8 peiraos de carga que suman 697 m2. A nova nave duplica a superficie coa que contaba nas antigas instalacións situadas no peirao de San Diego. A compañía, unha das compradoras de referencia de peixe e marisco no Porto da Coruña, busca con estas instalacións xerar “maior impacto positivo na contorna” reafirmando o seu compromiso cos seus máis de cen provedores locais de produtos do mar e en apoio ao sector pesqueiro.

GADIS engade que a posta en funcionamento desta nave favorece a optimización loxística: “De madrugada empézase a recibir o peixe e o marisco fresco que previamente seleccionaron e adquiriron de forma directa na lonxa os profesionais da compañía. Despois da selección, os corenta e cinco profesionais da plataforma preparan con esmero os pedidos que chegarán pola mañá aos distintos puntos de venda. Así, o peixe e marisco fresco pasa da lonxa ao mostrador en poucas horas, atendendo as necesidades de cada tenda e fomentando o consumo de produtos do mar de orixe galega en Galicia e en Castela e León. Este modelo permite, ademais, trasladar ao cliente vantaxes moi claras en prezo, frescura e calidade”.

O grupo explica tamén que a nave foi deseñada seguindo “altos estándares de sustentabilidade ambiental e unha coidada integración arquitectónica na súa contorna portuaria”. A maiores, priorizouse o aproveitamento da luz natural e o uso de materiais sostíbeis e resistentes, adaptados ás condicións propias da súa proximidade ao mar. As instalacións incorporan tecnoloxía de vangarda, “con sistemas de control de calidade avanzados e refrixeración por CO₂, unha opción máis respectuosa co medio ambiente, e ademais conta con placas fotovoltaicas para autoconsumo, iluminación LED e sistemas de control de presenza e intensidade, o que permite reducir o consumo enerxético nun 40% fronte a sistemas convencionais”.

Á moderna plataforma de compra e distribución, que xa está en funcionamento no Porto da Coruña, súmase a de Vigo e a plataforma de redistribución de Valladolid. “Estas”, engade GADIS, “permiten axilizar os tempos de repartición e garantir a máxima frescura nos puntos de venda”. Alén de todo isto, “preto de cen profesionais especializados traballan cada día para asegurar que o peixe e marisco chegue nas mellores condicións, maioritariamente desde as principais lonxas e portos de Galicia, un esforzo constante que levou á Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) a recoñecernos como a empresa co mellor peixe do sector en España”, explican dende GADISA.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.