
No ano Castelao, a Rede de Dinamización Lingüística impulsada pola Secretaría Xeral da Lingua contará con diversas actividades orientadas a celebrar a figura do escritor, artista e político de Rianxo. Entre esta actividades itinerantes atópase a obra Castelao, un corazón á intemperie, da compañía Fantoches Baj. Trátase dunha peza de teatro dirixida a nenos e nenas a partir dos 6 anos e mais ás súas familias. Nela veremos a Varela Buxán (dramaturgo e director de escena que no seu día dirixiu a estrea de Os vellos non deben de namorarse) renderlle a súa particular homenaxe ao escritor, debuxante e político rianxeiro. Nun pequeno escenario, narrará as vicisitudes da súa vida e vai representar algúns dos seus fitos literarios apoiándose en diferentes técnicas escénicas. Deste xeito O pai de Migueliño contarao con viñetas a modo do Kamishibai, Peito de Lobo representarao usando un cabezudo, para o primeiro cadro do segundo lance de Os vellos non deben de namorarse empregará monicreques e para o monologo de Un ollo de vidro valerase da técnica do teatro de máscaras.
Calendario
11/04/2025. Ordes. 20:00 h. Casa da Cultura
25/04/2025. Guntín. 18:00 h. Praza da Igrexa (en caso de chuvia na Casa da Cultura)
26/04/2025. Barbadás. 20:00 h. Casa da Cultura Manuel María
27/04/2025. Oleiros. 12:30 h. Parque José Martí (en caso de chuvia no Auditorio da Fábrica)
30/04/2025. Cerdedo-Cotobade. 20:00h. Praza do Centro Sociocultural de Tenorio (en caso de chuvia dentro do centro)
03/05/2025. Vigo. 19:00 h. Centro Sociocultural Valadares
09/05/2025. Boiro. 19:00 h. Praza Agramuíña (en caso de chuvia do Centro Social Escarabote)
10/05/2025. A Laracha. 18:00 h. Casa da Cultura
16/05/2025. Sanxenxo. 18:00 h. Auditorio Municipal
17/05/2025. Xinzo. 13:00 h. Praza Maior (en caso de chuvia na Casa da Cultura)
17/05/2025. Verín. 18:00 h. Casa da Cultura
18/05/2025. Muros. 18:00 h. Local social de Esteiro
23/05/2025. O Barco de Valdeorras. 19:00 h. Malecón (en caso de chuviano Teatro Lauro Olmo)
24/05/2025. Mos. 12:00 h. Biblioteca Pública de Petelos
30/05/2025. Foz. 18:30 h. Casa da Cultura
07/06/2025. Chantada. 19:30 h. Praza do Cantón (en caso de chuvia no Auditorio)




