Familias de Muros denuncian a precariedade na atención pediátrica e reclaman solucións urxentes

08 Abril 2025

Familias e asociacións do Concello de Muros veñen de facer pública a súa profunda preocupación pola grave situación de desatención pediátrica que afecta aos concellos de Muros e Carnota dende hai case un ano. Segundo denuncian, a praza dun dos pediatras da zona leva dez meses sen cubrir tras unha baixa médica, o que obriga a unha soa profesional a facerse cargo de arredor de 900 nenos e nenas, unha carga asistencial que consideran “insostible”.

Esta situación non só afecta á calidade asistencial, senón que tamén limita o acceso ao sistema sanitario, xa que as familias asignadas ao pediatra ausente non poden empregar a app Sergas Móbil para pedir cita, tendo que recorrer ao teléfono e dependendo da dispoñibilidade da axenda da única pediatra en activo.

Ademais, cando esta profesional está ausente, a cobertura redúcese a un horario parcial de 8:00 a 12:00 horas, sen garantir a atención ao longo de toda a xornada nin todos os días. Fóra deste horario, os menores de máis de 3 anos son derivados ao médico de familia, mentres que os de entre 0 e 3 anos deben desprazarse ao centro de saúde de Outes —se se chega antes das 12:00h— ou ao de Noia.

A situación empeora durante o verán, cando o incremento de poboación non vai acompañado dun reforzo dos servizos sanitarios, o que fai aínda máis crítica a falta de recursos.

As familias tamén denuncian que non existe atención pediátrica en horario de tarde, e que, ante situacións de urxencia, deben desprazarse ao hospital de referencia situado a 70 km, unha distancia que consideran “inabordable” e que supón unha discriminación territorial grave.

Ante este panorama, reclaman con firmeza a cobertura inmediata da praza vacante, así como a dotación de medios humanos e materiais que garantan unha atención pediátrica digna e continua.

“Non podemos seguir tolerando esta precariedade asistencial”, sinalan. E lanzan un chamamento ás autoridades sanitarias para que actúen con urxencia e responsabilidade: “As nosas crianzas merecen unha sanidade pública de calidade e accesible. É hora de poñer fin a este abandono institucional”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.