Falece un home en Ribeira tras ser atropelado polo seu propio coche sen freos

20 Abril 2025

Un home perdeu a vida esta madrugada na Rúa de Barreiro, na parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira, ao ser atropelado polo seu propio coche, que quedara sen freos.

O suceso tivo lugar arredor das 02:20 horas, cando un particular contactou co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia para alertar de que atopara a un home debaixo dun vehículo. Segundo indicaban xa na chamada, a vítima podería estar falecida.

De inmediato, desde o 112 Galicia mobilizáronse os medios necesarios, informando ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GAEM e Bombeiros de Ribeira, así como aos axentes da Policía Nacional e da Policía Local.

Unha vez no punto, os equipos de emerxencias confirmaron o falecemento do home, sen que se puidese facer nada por salvarlle a vida. Segundo a información recollida, o falecido era o propietario do vehículo, que aparentemente sufriu un fallo nos freos e acabou atropelándoo.

Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña. Bombeiros Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...