Falece o Papa Francisco I aos 88 anos no Vaticano

21 Abril 2025

Jorge Mario Bergoglio, coñecido mundialmente como o Papa Francisco I, faleceu este luns aos 88 anos de idade na súa residencia da Casa Santa Marta, na Cidade do Vaticano. O deceso produciuse ás 7:35 horas, conforme á declaración do camarlengo, o cardeal Kevin Joseph Farrell.

Derradeira aparición do papa Francisco o domingo de Resurreción

O pontífice arxentino, o primeiro procedente de América Latina, permaneceu activo ata o final da súa vida. Onte mesmo presidiu a súa última aparición pública durante a celebración do Domingo de Resurrección, na que impartiu a tradicional bendición Urbi et orbi. Durante a súa mensaxe, Francisco pediu o fin dos conflitos na Franxa de Gaza e en Ucraína, reiterando o seu compromiso coa paz e a fraternidade entre os pobos.

Pouco antes da cerimonia, o Papa sostivo un breve encontro privado co vicepresidente de Estados Unidos, JD Vance, man dereita do expresidente Donald Trump. Aínda que a reunión foi breve, confirmouse que ambos intercambiaron palabras nun ambiente cordial.

A saúde do Santo Padre viuse gravemente comprometida nos últimos meses. Tras ser hospitalizado durante 38 días no Hospital Gemelli de Roma por mor dunha bronquite severa, o seu estado agravouse co desenvolvemento dunha pneumonía bilateral, o que finalmente precipitou o seu falecemento.

Coa morte de Francisco I péchase unha etapa marcada polo seu enfoque pastoral, a súa mensaxe de humildade e apertura, e os seus constantes chamados á xustiza social e o coidado do medioambiente. A Igrexa católica entra agora nun período de Sede Vacante, á espera de que o conclave elixa o seu sucesor.

Biografía do Papa Francisco I.

Directo Praza de San Pedro, Cidade do Vaticano

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...