Este mércores 23, publicacións gratuítas para os visitantes da Casa do Cabido de Santiago no Día do Libro

22 Abril 2025

O Consorcio de Santiago súmase á celebración do Día Internacional do Libro cunha iniciativa que busca achegar a cultura á cidadanía. Este mércores 23 de abril, todas as persoas que se acheguen á Casa do Cabido recibirán de balde publicacións coeditadas polo propio Consorcio, nunha xornada que pon o foco na difusión do patrimonio literario, artístico e histórico de Santiago de Compostela.

Os libros que se entregarán pertencen ás diferentes bibliotecas do Consorcio e abranguen temáticas diversas relacionadas coa cidade, como a literatura, a arte ou a historia local. Ademais, haberá títulos dirixidos a un público infantil e xuvenil, co obxectivo de fomentar o gusto pola lectura desde idades temperás.

Esta actividade únese á exposición actualmente aberta na Casa do Cabido, «Compostela a Lupa. Manuel Chicharro Bisi entre dous aniversarios (1849-1924)», unha mostra que rende homenaxe ao fotógrafo Manuel Chicharro e ao seu fillo Luis Chicharro. A exposición, organizada en colaboración co Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC-Xunta de Galicia), conmemora o 175 aniversario do nacemento e o centenario do falecemento de Chicharro Bisi, unha figura clave na historia da fotografía compostelá.

A Casa do Cabido poderá visitarse neste horario: de martes a sábados, de 10:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h; e os domingos, de 11:00 a 14:00 h.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.