As Concellerías de Medio Ambiente e Deportes, Xuventude e Ludoteca de Porto do Son organizan esta semana a segunda edición do Concurso dos Maios, unha actividade festiva, creativa e participativa aberta a todos os colexios de Infantil e Primaria do termo municipal. Segundo confirmou o Concello, unha vez realizadas e pechadas as inscricións, na convocatoria deste ano participarán finalmente o CEIP Santa Irene de Porto do Son e o CEIP de Portosín. A actividade comezará (este 30 de abril) coa apertura da exposición aberta na Fachada Marítima de Porto do Son. Amais, contarase cun punto de recollida de maios aberto a toda a veciñanza para seren colocados nas vivendas.






