Dúas persoas evacuadas en Taragoña por intoxicación de monóxido de carbono

30 Abril 2025

O Parque Provincial de Boiro interveu na parroquia de Taragoña, no concello de Rianxo, tras recibir aviso pola intoxicación de dúas persoas por monóxido de carbono procedente dun xerador eléctrico. As persoas afectadas foron evacuadas e trasladadas en ambulancia ao Hospital Clínico de Santiago. No operativo tamén participaron o  061 e a Policía Local. Segundo informou o Parque, o fume puido ter a súa orixe nun xerador eléctrico posto en marcha con motivo do apagamento e que era preciso para subministrar corrente a un respirador artificial. O monóxido xerado polo aparello non tivo maiores consecuencias durante o día, o problema veu dado cando houbo que pechar xanelas e portas e o gas estendeuse por toda a casa.

Imaxe do Parque Provincial de Boiro (Consorcio Provincial de Salvamento e Contraincendios)

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.